Obradoiros de emprego de Galicia
Obradoiros de emprego de Galicia
Xunta de Galicia

Obradoiro de Emprego: Promoción Turística do Salnés.

 

A Mancomunidade do Salnés ten concedida, ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de Programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2020), do Obradoiro de Emprego de Promoción Turística do Salnés.  

 

Esta axuda enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89% e a Iniciativa de Emprego Xuvenil da Xunta de Galicia.

 

Os programas de emprego configúranse como programas mixto de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas mozas desempregadas mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese  social que posibiliten aos alumnos obter unha cualificación profesional que favoreza a súa posterior inserción no mercado laboral.

 

O Obradoiro de Emprego Promoción Turística do Salnés está a formar a 16 alumnos/as traballadores/as nas especialidades de “promoción turística local e atención ao visitante”  (8 alumnos/as) e “xestión de marketing e comunicación” (8 alumnos/as) para posteriormente inserilos no mundo laboral. 

 

 

Dentro da obra ou parte prática do proxecto cómpre resaltar a importante labor de soporte realizada polo obradoiro na posta en marcha da plataforma Salnés Click: iniciativa da Mancomunidade de O Salnés xunto co Consorcio de comercio de O Salnés e a Axencia Turismo de Galicia que ten como finalidade fomentar o turismo, a gastronomía e o comercio na comarca para, con elo, a economía circular para comprar produtos e servizos e reservar experiencias da nosa comarca.

 

Os/as alumnos/as traballadores/as do obradoiro forman parte activa no desenvolvemento e crecemento da plataforma prestando información, asesoramento, soporte e axuda no proceso de alta de todos os establecementos interesados en formar parte da plataforma así como da carga de toda a información, fotos e produtos. 

 

 

Asemesmo colaboran na estratexia de comercialización da plataforma coa elaboración  de material de marketing e comunicación publi-promocional tales como: infografías, dípticos informativos, tutoriais e guías de apoio, FAQs (preguntas, dúbidas) máis frecuentes, enquisas de avaliación,  spots publicitarios, informes de mercado persoalizados.

 

 

O equipo do Obradoiro de emprego acompaña no proceso de formación e capacitación dixital do texido comercial e empresarial da comarca mediante a asistencia telefónica e visita presencial ós establecementos interesados/as en formar parte desta iniciativa.

¿Quieres llevarte los secretos a casa?
Te regalamos el recetario con los secretos de la cocina de O Salnés