O Vento Mareiro é o aire que vén do mar, que determina o clima do Val Salnés coa súa morneza e que fai que agromen as cepas de uva albariña, co seu sabor a salitre, contaxia cada uva do seu talante mariñeiro.
Apostamos por unha uva de calidade. Mans agarimosas coidan e recollen a nosa uva albariño. Na adega unha elaboración personalizada e as últimas tecnoloxías garanten a trazabilidade dende o viñedo a botella: control de fermentación, crianza sobre lías, embotellado e etiquetado.
Na procura da calidade e excelencia, os nosos “Vento Mareiro” están avalados por “Galicia Calidade” e a adega conta coa certificación das ISO de Xestión de calidade e de medio ambiente (ISO9001/ ISO14001).