Por iniciativa de Xosé Ramón Durán - Roque, Presidente e Conselleiro Delegado de Adegas Terra de Asorei, esta irmandade familiar de adegueiros do Salnés constituíuse en 2008 dando lugar a esta adega, na que hoxe están representados as seis familias no Consello de Administración da empresa.
O obxetivo é elaborar albariños auténticos de calidade e manterse como empresa familiar. Aportamos o noso saber dende Galicia, seguindo a liña de tradición europea dos viños fieis á terra onde se cultivan as cepas, mais adaptándose como empresa a un mundo aberto e en constante transformación.