O Quinteiro de Temperán é unha antiga casa agraria do século XVIII restaurada e adaptada a usos etnográficos, culturais, didácticos e turísticos. Nela é posible acceder ao coñecemento da cultura tradicional do mundo rural de Galicia. Nese sentido O Quinteiro de Temperán é un centro de interpretación da cultura tradicional do agro galego, tanto na súa dimensión física: a casa como edificio, coas súas partes interiores e exteriores, como na súa actual transformación nun espazo de aprendizaxe, pedagóxico, museístico, arredor da etnografía agraria de Galicia.
Agora no Quinteiro de Temperán tanto podes VISITAR a nosa casa museo como DEGUSTAR os nosos viños e petiscos, e ¿por qué non as dúas cousas á vez?